Saltar ao contido principal

Cruceiro de Manselle de Arriba

Cruceiro de Manselle de Arriba - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Outras denominacións
Cruceiro do Souto de Manselle
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Nunha pequena praza onde se cruzan cinco camiños, baixo unha parra, no lugar de Manselle coñecido como O Souto, no centro da aldea.

Cruceiro do tipo de crucifixo, construído en granito, ao carón da Casa de Camoiras. O baseamento é sobre 5 gradas cuadrangulares. O pedestal é unha basa cúbica rematada con chafráns. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e octogonal no resto. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco con lados curvos e vértices chafranados, con follas nas esquinas e o que parecen cabezas de anxo (moi gastadas). A cruz é florenzada con botón central e ángulos en chafrán. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado, con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, coroa de espiñas, pano anoado á esquerda, cun santo suxeitándoo á dereita. pergamiño con INRI. No reverso da cruz hai unha Virxe co neno coroada por dous anxos, sobre peaña de cabeza de anxo.

O cruceiro ten máis de cen anos e facíase parada diante del nos enterros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Sendeiros de Dodro

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-25)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.729985, -8.717894

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo