Saltar ao contido principal

Cruceiro de Viladesuso

Cruceiro de Viladesuso - Catoira - Santa Baia de Oeste
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Cronoloxía
1671
Lugar
Viladesuso
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo. Ten catro chanzos, mais o primeiro tan só está visible pola parte dianteira, xa que o resto aparece afundido no alcatrán da estrada. Base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que amosa na banda dereita a imaxe dun anxo con ás (San Miguel). Capitel de catro lados rectos, sen adobíos, que serve de soporte a unha cruz octogonal cos extremos acabados en cadrados. Amosa por diante un Cristo pegado ao madeiro, baixo INRI, de brazos paralelos, mans pechadas, nó do pano á súa esquerda e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás vese unha imaxe da Virxe das Angustias de dereitas (cabeza do Fillo á dereita do corpo da Nai e pernas á esquerda da mesma).

O único epígrafe aparece na parte dianteira da base onde se le: “AÑO DE 1671”, o que o converte no cruceiro máis antigo de todo o concello de Catoira.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_033) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.678658, -8.708095

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo