- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- As Rañas
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
Ten por alicerce tres chanzos, o primeiro deles case mergullado no alcatrán da praza. Base cúbica, ben labrada con gorxa fonda. A vara comeza e remata sendo cuadrangular, mais presenta sección octogonal na súa maior parte. Nesta última sección e pola banda da esquerda amosa diversos símbolos da Paixón e morte de Cristo. Así, de arriba abaixo, vemos: tenaces, martelo e escaleira de dez chanzos. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, con cabeciñas nas partes medias, espirais nas esquinas e como cunchas por debaixo das mesmas. Soporta unha cruz cilíndrica con vultos que amosa por diante un Cristo de tres cravos, cos brazos en ángulo, mans semiabertas, nó do pano á súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás vese a imaxe da Virxe María de pé sobre pousadoiro de cabeciña de anxo, coas mans cruzadas sobre o peito e cuberta cun mantelo.
Ten epígrafes na base, na súa maior parte ilexibles, no lado esquerdo: “A DEVOCIÓN".
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_032) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.679698, -8.712984
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Centro Social de Abalo
Catoira, San Mamede de Abalo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Gondar
Catoira, San Pedro de Dimo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Busto
Catoira, San Pedro de Dimo