Saltar ao contido principal

Cruceiro de Gondar

Cruceiro de Gondar - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Lugar
Gondar
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos fan de alicerce ao conxunto. Base cúbica con gorxa, vara cos extremos cuadrangulares, mais de sección octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos, cabeciñas nas partes medias afastadas por espirais nas esquinas e cunchas por debaixo das mesmas. Cruz cilíndrica, con vultos. Cristo exento, baixo INRI, cos brazos en ángulo, as mans semiabertas, nó do pano á súa dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo. Polo reverso imaxe da Virxe María de pé, sobre pousadoiro de cabeciña de anxo, coas mans cruzadas sobre o peito e cuberta cun manto.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_023) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.677955, -8.700771

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo