- Outras denominacións
- Cruceiro de Santo Agostiño
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1953
- Lugar
- O Outeiriño
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Cruceiro do tipo de crucifixo, que ten por alicerce un só chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, na que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Na parte baixa da vara, e pola banda da esquerda, hai gravada unha escaleira de man de sete chanzos e no mesmo lado, mais xa na sección octogonal, vemos un cáliz de pouco vulto. A vara cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes medias e espirais nas esquinas que soporta unha cruz cilíndrica e con vultos que amosa figuras por ambas caras. Así por diante vemos un Cristo sen carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, nó do pano á súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás imaxe da Virxe de pé cuberta cun mantelo.
Na parte baixa da vara e pola banda esquerda está gravado o ano 1953 e na base e polo mesmo lado, en letras grandes e mouras lese que o devandito cruceiro ergueuse en “RECUERDO DE FRANCISCO MOURE (...)”.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_125) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.664282, -8.725550
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Viladesuso
Catoira, Santa Baia de Oeste
Elementos relixiosos
Cruceiro de Coaxe
Catoira, San Pedro de Dimo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Cemiterio de San Miguel de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira