Saltar ao contido principal

Cruceiro de Coaxe

Cruceiro de Coaxe - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Isa Vigo
Outras denominacións
Cruceiro Novo de Coaxe
Cronoloxía
1917
Lugar
Coaxe
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

O Cruceiro Novo de Coaxe presenta tres chanzos de sustentación e unha base ben labrada en forma de copa. O fuste comeza sendo cuadrangular, pasando despois a sección octogonal descendente, pois perde grosor a medida que se afasta do chan. Capitel de catro lados rectos, con cabeciñas na metade de cada un afastadas por espirais nas esquinas e folliñas na parte baixa. Soporta unha cruz cilíndrica con vultos, que amosa por diante a figura dun Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, coas mans pechadas, o nó do pano á súa banda dereita, sendo o pé deste mesmo lado o que agocha ao esquerdo. Amosa na base e pola parte traseira unha placa de mármore branco na que aparece gravado: “ANO 1917 (...)". O fuste e a cruz foron recolocados en 2023.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_026) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.665150, -8.680184

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo