Saltar ao contido principal

Cruceiro de Barral

Cruceiro de Barral - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Lugar
Barral
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifico, que presenta tres chanzos de sustentación e unha base cúbica, baixiña, coas arestas superiores rebaixadas. A vara, de sección octogonal, amosa a figura de San Miguel na parte dianteira e alta sobre monstro. Cóbrese por un falso capitel de catro lados rectos adobiados por espirais, que serve de apoio a unha cruz octogonal cos extremos acabados en cadrados e que ten figuras por ambas caras. No anverso: Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, pegado ao madeiro, co nó do pano á súa banda dereita e pé deste mesmo lado cubrindo o esquerdo. No reverso vemos unha Virxe de pé sobre pousadoiro de cabeza de anxo co neno Xesús no colo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_017) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.666532, -8.720648

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo