Saltar ao contido principal

Cruz do Pan

Cruz do Pan - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Outras denominacións
Cruceiro do Arón
Lugar
Coaxe
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta unha gran plataforma de cachotaría feita sobre o noiro da estrada. Catro chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas serven de sustentación á obra. Fuste octogonal todo ao longo, mais con resaltes na parte baixa e alta. Amosa por diante e no terzo superior unha imaxe de Santo Antonio co libro dos sermóns na man. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e barcas nas esquinas que soporta unha cruz de sección circular, lisa, con figuras no anverso e reverso. Así, por diante, vemos un Cristo baixo INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, o nó do pano á súa dereita e o pé dereito agochando o esquerdo. Por detrás vese a imaxe da Virxe María de pé, sobre pousadoiro de cabeza de anxo, cos dedos das mans entrelazados e cuberta por un manto.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_019) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.665678, -8.685113

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo