Saltar ao contido principal

Cruz da Igrexa de San Mamede de Abalo

Cruz da Igrexa de San Mamede de Abalo - Catoira - San Mamede de Abalo
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Lugar
A Igrexa
Concello
Catoira

Das catorce cruces das que consta un vía crucis tradicional, soamente se conserva unha sobre a cimeira do muro e pola banda dereita da Igrexa de San Mamede de Abalo, ademais da estación número 12, constituída polo calvario descrito.

Trátase dunha cruz baixa, maciza, monolítica, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Ten de altura 93 centímetros, unha envergadura de 58 centímetros e un perímetro na parte media do pé de 44,50 centímetros. Posúe un epígrafe ilexible.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_011) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.643985, -8.726742

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo