Saltar ao contido principal

Cruceiro do Cemiterio de San Miguel de Catoira

Cruceiro do Cemiterio de San Miguel de Catoira - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Cruceiros de Galica
Cronoloxía
1836
Lugar
Catoira
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo, con pousadoiro que presenta tres chanzos que serven de sustentación á obra. Base cúbica con torta circular por riba. Varal, primeiramente, cuadrangular e, despois octogonal descendente pois perde grosor a medida que se afasta do chan. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais afastadas por espirais nas esquinas. Nel apóiase unha cruz cuadrangular con vultos, que presenta polo anverso un Cristo baixo INRI, cos brazos en ángulo, as mans abertas, o nó do pano a súa banda esquerda e o pé dereito por riba do esquerdo. San Francisco de Asís achégase a el pola banda da dereita abrazándoo. Por detrás, imaxe da Virxe de pé sobre cabeciña de anxo co meniño Xesús no colo e coroada por dous anxiños espidos que se achan sobre o traveseiro da cruz.

Ten gravada nas caras da base diferentes epígrafes moi gastados. Conséguese ler soamente os das caras esquerda e traseira. Na cara esquerda “CANZELO” e na cara traseira “AÑO 1836".

O cemiterio parroquial posúe un conxunto de panteóns labrados en pedra, nomeadamente os situados no sector sur do recinto, que destacan pola súa coidada factura e deseño, achegando valor patrimonial á necrópole.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_015) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.665657, -8.721940

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo