- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Fabeira
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
Cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos de sustentación e unha base paralelepípeda, coas arestas superiores rebaixadas na que se finca un fuste de sección octogonal e que se cobre por un capitel de catro lados rectos con espirais nas esquinas, que forman unha especie de escaleira de dous chanzos en cada cara. Cruz octogonal, lisa, cos extremos acabados en cadrado. Cristo pegado ao madeiro, baixo INRI, cos brazos paralelos ao chan, mans abertas, nó do pano duplo, á dereita e á esquerda, e pé dereito cubrindo o esquerdo. Por detrás Virxe de pé con rosario ben visible, sobre cabeciña de anxo coas mans en oración sobre o peito e cuberta un manto. Mesa de pedra pola parte dianteira do cruceiro. Ten epígrafes na parte baixa das arestas do cubo que fai de base.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_028) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.677441, -8.710874
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Busto
Catoira, San Pedro de Dimo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Outeriño
Catoira, San Miguel de Catoira
Elementos relixiosos
Cruceiro do Cemiterio de San Miguel de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira