Saltar ao contido principal

Cruceiro do Outeriño

Cruceiro do Outeriño - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Aurelio Rey Froján
Outras denominacións
Cruceiro da Fabeira
Lugar
O Outeiriño
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo, que presenta por alicerce catro chanzos irregulares e unha base cúbica sobre a que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal, que se cobre un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes medias afastadas por espirais. Serve de apoio a unha cruz cilíndrica con vultos que simulan os nós da madeira, amosando figuras por ambas caras. Así, por diante, vemos un Cristo baixo carteleira do INRI, coas mans semiabertas, nó do pano a súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás figura da Virxe María de pé, sobre pousadoiro de cabeza de anxo. Amosa as mans cruzadas sobre o peito e cóbrese por enteiro por un mantelo. O cruceiro presenta por detrás unha mesa de pedra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_016) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.665601, -8.723154

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo