Saltar ao contido principal

Cruceiro da Galega

Cruceiro da Galega - Catoira - San Mamede de Abalo
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Outras denominacións
Cruceiro da Restevela
Lugar
Cores
Concello
Catoira

Sobre plataforma de pedra que nivela o noiro do camiño, deitáronse dous chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que serven de soporte unicamente a unha cruz con figuras que amosa, por unha banda, a imaxe dun Cristo descabezado, de brazos case paralelos ao chan, nó á dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo, mentres que por detrás vemos unha Virxe das Angustias de dereitas: fillo coa cabeza á dereita do corpo da Nai e pernas á esquerda.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_005) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.645611, -8.733411

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo