- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Portocanles
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Cruceiro do tipo de crucifixo, que por alicerce presenta un só un chanzo case soterrado baixo o alcatrán da estrada. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que soporta unha vara de nova feitura, primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas espirais. Sobre este capitel houbo unha cruz cilíndrica e con nós. Por diante amosa un Cristo exento, baixo INRI, coas mans abertas, nó do pano á súa dereita e pé dereito agochando ao esquerdo. Por detrás vese unha Virxe de pé, sobre pousadoiro de cabeciña de anxo, coas mans cruzadas sobre o peito e cuberta cun manto.
No 2020 o Concello de Catoiro executou traballos de recuperación do cruceiro, que levaba tempo gardado en anacos tras ser danado por un vehículo.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_025) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.661221, -8.699682
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro da Xunqueira
Catoira, San Pedro de Dimo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Codeso
Catoira, San Miguel de Catoira
Elementos relixiosos
Cruz do Pan
Catoira, San Pedro de Dimo