Saltar ao contido principal

Cruceiro de Codeso

Cruceiro de Codeso - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Lugar
Aragunde
Concello
Catoira

Localizada nunha posición próxima a unha encrucillada, á beira dunha estrada local, este cruceiro perdeu a cruz que a coroaba en data indeterminada. Próxima aos 2 metros de altura, o varal fincábase nunha peaña cuadrangular de arestas biseladas e ángulos redondeados na que se aprecia unha fenda vertical. Por baixo da peaña e, descentrada respecto desta, unha base de planta cadrada e de maiores dimensións que aquela. O varal presenta sección octogonal, mais co extremo inferior acabado en cadrado.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_098) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.662144, -8.714388

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo