- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- O Condado
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
A cruz central ten por alicerce dous chanzos irregulares. Base grande, pouco alta e de bordos rectos. Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro. Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e seis raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20 metros de alto, sendo a súa envergadura de só 67 centímetros. Toda ela é moi finiña e lanzal, xa que acada soamente de perímetro 57 centímetros. Ao seu pé enterrábanse aos meniños que falecían antes de seren bautizados, para así deixalos achegados ao sagrado.
A unha distancia duns 8 metros atópase unha pequena base cúbica que mantén aínda o burato no que se fincaba unha das cruces dos ladróns, por iso estamos a falar dun calvario que comezaría na Igrexa de San Mamede de Abalo. Seguramente servía de soporte a unha cruz baixa, dado seu pequeno tamaño.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_012) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.645114, -8.724213
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro da Peneda
Catoira, Santa Baia de Oeste
Elementos relixiosos
Cruceiro da Baiuca
Catoira, Santa Baia de Oeste
Elementos relixiosos
Cruceiro de Santa Baia de Oeste
Catoira, Santa Baia de Oeste