Saltar ao contido principal

Cruceiro da Peneda

Cruceiro da Peneda - Catoira - Santa Baia de Oeste
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Lugar
Catoira
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado no lugar de Catrocamiños, lugar onde conflúen as parroquias de Catoira, Oeste e Dimo. Un chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas constitúen a parte baixa deste cruceiro moderno, pois substituíu un antigo que estaba neste lugar. Varal, primeiramente cuadrangular, mais despois remata as arestas. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, adobiados por cabeciñas de anxo entre espirais. Cruz cuadrangular con imaxes por ambas caras. No anverso, Cristo baixo INRI, que mira á fronte, coas mans pechadas e o pé dereito cubrindo o esquerdo. Por detrás imaxe da Virxe sobre cabeza de anxo, cun rosario ao pescozo, coma se fose un colar, e as mans cruzadas sobre o peito.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_131) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.671313, -8.712516

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo