Saltar ao contido principal

Cruceiro da Gabeira Pequena

Cruceiro da Gabeira Pequena - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla
Outras denominacións
Cruceiro de Illota Telleiras
Lugar
Gabeira Pequena
Concello
Catoira

Erguido na Illa da Gabeira Pequena, sobre un rochedo en forma de meda, liso e de cor moi clara sobre o que fincaron os alicerces do cruceiro. A base, parece antiga, e debeuse recuperar dalgún vello cruceiro.

Ten a forma dun cubo baixiño e aparece rematado cada vértice cunha caveira. Entre unha e outra, por diante, amosa un óso longo, quizais un fémur, pola banda dereita, un dragón cos aspecto de saramaganta, por detrás, tibias cruzadas e pola banda esquerda, unha árbore ou ben un látego, pois ten unhas contornas pouco precisas que non axudan na identificación. Soporta un varal, na parte máis baixa, rectangular, mais despois octogonal descendente, pois perde altura a medida que se eleva e amosa como adobío; por diante, un Santiago Peregrino. Coróase, primeiramente por un falso capitel (pois forma parte da mesma columna) e semella antigo, e logo por un de catro lados rectos, moderno. Cruz rectangular, coas arestas rebaixadas acabadas en cadrado. Por diante e mirando cara á terra, baixo cartel de INRI pendura un Cristo de tres cravos, brazos con pouco ángulo, nó do pano á súa dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, Virxe do Carme que por ser a patroa dos mariñeiros está mirando cara á canle principal do río, para os protexer dos perigos das augas. O cruceiro foi doado polo Concello de Catoira.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_014) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.664046, -8.736779

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo