Saltar ao contido principal

Cruceiro da Ermida de San Cibrán

Cruceiro da Ermida de San Cibrán - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Ángel Luis Utrera Baza
Cronoloxía
Século XVIII
Lugar
San Cibrán
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado a uns 30 metros ao leste da Ermida de San Cibrán, sobre unhas laxes onde está asentado este cruceiro duns 4'50 metros de altura. Está composto dun calvario de dúas gradas, baseamento, fuste de sección octogonal, capitel de volutas, e crucifixo figurado. Represéntase neste, por diante, vendo cara o recinto, a Cristo crucificado e morto, e pola parte posterior labrouse unha Piedade. Cronoloxicamente esta obra parece remontarse ao século XVIII, se se valoran os riscos estilísticos e de pátina que ofrece o monumento.

Os carballos da Ermida de San Cibrán son ofrendas das devotas e devotos, un rito que comezou séculos atrás. Estes son testemuñas das moitas procesións do santo milagreiro no día da festa que se celebra o Domingo de Pentecostes. Antigamente, celebrábase o luns seguinte, posto que coincidía co día número cincuenta da chegada do Espírito Santo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Patrimonio Galego

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_020) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.648317, -8.701069

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo