Saltar ao contido principal

Cruceiro da Estación

Cruceiro da Estación - Catoira - Santa Baia de Oeste
Imaxe: Sindo Mosteiro
Outras denominacións
Cruceiro da Capela de San Xosé Obreiro
Cronoloxía
1960
Lugar
A Estación
Concello
Catoira

Localizado no pequeno adro da Capela de San Xosé Obreiro. Trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos e unha base ben labrada, con gorxa profunda serven de apoio a unha vara cuadrangular nos extremos, mais octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos con flor no centro de cada un afastadas por espirais. Cruz cilíndrica, biselada nos extremos e con vultos. Por diante amosa un Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, o nó do pano á súa banda dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, sobre ménsula circular, hai unha imaxe da Virxe do Carme.

Na parte dianteira da base unha placa de mármore incrustada na mesma lese: “RECUERDO DE D. JOSÉ Mª BUELA FIGUEIRA Y SU ESPOSA Dª CARMEN PÉREZ GÓMEZ / OESTE"-CATOIRA 1960".

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_031) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.671857, -8.725258

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo