Saltar ao contido principal

Cruceiro do Campo

Cruceiro do Campo - Catoira - San Mamede de Abalo
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Lugar
O Campo
Concello
Catoira

Ten tres chanzos de sustentación e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. A vara é cuadrangular nos tramos inferior e superior e octogonal no resto. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes centrais e espirais nas esquinas, con gran folla por debaixo. Cruz cilíndrica, con vultos dispostos simetricamente. Amosa polo anverso a figura dun Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, nó á dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo. Por detrás, imaxe da Virxe sobre pousadoiro de cabeza de anxo, cos brazos cruzados sobre o peito e cuberta por un manto.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_006) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.644768, -8.734848

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo