Saltar ao contido principal

Igrexa de San Miguel de Catoira

Igrexa de San Miguel de Catoira - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
Século XIII-XIV
Lugar
Catoira
Concello
Catoira

Igrexa de estilo neoclásico, de planta basilical, capela con bóveda de aresta sobre arcos apoiados en pilastras con decoración de placas. A igrexa medieval orixinaria respondía á tipoloxía galaica do denominado gótico mariñeiro da primeira etapa (1250-1350). Á dereita capela con bóveda, dividida en dous tramos por arcos de imposta. Nave de tres tramos con arcos faixóns sobre pilastras de capitel decorado con placas. Engadido do mesmo largo da nave alintelada. Sancristía acaroada ao lado dereito da capela, con bóveda de canón transversal á nave e liña de imposta.

A súa fachada ofrece un remate alintelado recercado, fiestra pequena, frontón triangular e, no centro, fornela. Remate en espadana de dobre vano con volutas e cruz. Cabeceira con vertente de augas. Decoración de placas. Adro con balaustre. Conserva un sepulcro do século XVI, agora na Igrexa de Santa Baia de Oeste.

No seu interior gárdase unha imaxe da Virxe da Barca feita de madeira de aciñeira policromada, de 72 centímetros de alto e 12,5 de ancho, datada no século XVIII, e que orixinalmente estaba na Capela da Nosa Señora da Barca.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Entre lusco e fusco

Descubrindo a historia de Catoira

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_14) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.667026, -8.721979

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo