- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- 1729
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
A comezos do século XVII, a visita do Cardeal Jerónimo del Hoyo deixaba constancia da modestia deste templo e da existencia de dúas igrexas veciñas. Templo con planta de cruz latina, capela bóveda de canón e liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre pilastras caixeadas, cruceiro con bóveda de luneto e transeto con bóveda de aresta, arcos que descansan en pilastras caixeadas, nave de dous treitos con bóveda de canon e arcos faixóns sobre ménsulas con liña de imposta.
A fachada preséntase alintelada e recercada de molduras. Sobre ela, frontón triangular partido, cunha fornela no medio. Aos lados remate en pináculos e en medio espadana con vano duplo, remata con pináculos, cruceiro destacado en planta con cuberta e catro augas. Sancristía acaroada ao lado dereito da capela, cuberta plana e gárgolas ao exterior. Inscrición en 1729. Fornela coa silueta dun cabalo que se relaciona co culto ancestral. Á dereita da entrada á igrexa hai dous reloxos de sol.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_03) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.643904, -8.726606
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Capela de Santiago
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura relixiosa
Igrexa de San Miguel de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira
Arquitectura relixiosa
Ermida de San Cibrán
Catoira, San Pedro de Dimo