Saltar ao contido principal

Ermida de San Cibrán

Ermida de San Cibrán - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Galicia Máxica
Cronoloxía
1671
Lugar
San Cibrán
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

A Ermida de San Cibrán posúe unha nave duns 20 por 8 metros. O presbiterio non se diferencia en planta, e a el se acaroan outras dúas dependencias a ambos lados, así como outra estancia máis, mais á nave. Lonxitudinalmente, os pés da nave están orientados cara o sueste. Dispón dunha porta principal rectangular, e sobre esta consta un sinxelo óculo, así como diversas xanelas nos laterais da parcela. Na dependencia acaroada do noroeste hai tamén outra pequena porta de acceso, e enriba desta fachada foi colocada unha espadana de liñas simples. O edificio está integramente construído con cachotaría, e denota múltiples reformas e engadidos, polo que non é factible determinar o momento orixinal da súa fundación. Sen embargo, baixo unha xanela parece lerse 1671. De todos os xeitos, a súa actual aparencia semella remitir, en liñas xerais, a unha fábrica tipicamente barroca.

A ermida pola parte posterior da súa cabeceira está cinguida por un muro de contención que aplana unha franxa de terreo polo noroeste e o suroeste, sendo de escasa anchura e salvando as dúas pendentes da confluencia das valgadas de dous regatos. No muro noroeste consta dun tiro de escaleiras de varios chanzos, que en principio dá paso ao sector de pendente que hai entre a ermida e o mencionado vértice de confluencia das dúas correntes. Ignórase cal sería o uso dado a esta pequena escalinata, a non ser que fose construída para facilitar a baixada ao regato.

Os refráns referidos ao santo teñen que ver con outra época, xa que o día 16 de setembro é cando se celebra en máis lugares:

Por San Cibrán, castaña na man

Chuvia por San Cibrán, quita o mosto e non de gran

Os carballos da Ermida de San Cibrán son ofrendas das devotas e devotos, un rito que comezou séculos atrás. Estes son testemuñas das moitas procesións do santo milagreiro no día da festa que se celebra o Domingo de Pentecostes. Antigamente, celebrábase o luns seguinte, posto que coincidía co día número cincuenta da chegada do Espírito Santo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Patrimonio Galego

Galicia Máxica

Entre lusco e fusco

A campá da Ermida de San Cibrán | Cristina Conde Escaloni

As inscricións da Ermida de San Cibrán | Cristina Conde Escaloni

A romería de San Cibrán | Cristina Conde Escaloni

Cristina Conde Escaloni

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_002) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.648723, -8.700866

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo