- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- 1122
- Lugar
- As Torres
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
A Capela de Santiago, que aparece acaroada a unha dúas dos Torres de Oeste en mellor estado de conservación, foi levantada no ano 1122. Está constituída por unha sinxela nave cadrada e unha ábsida semicircular tapada por un muro da torre. A súa fábrica permite observar algunhas das características da arte prerrománica, caso das xanelas en forma de saeteira rematadas en pequenos arcos de ferradura, cos muros erguidos a base de cachotes reforzados nas esquinas.
Segundo información facilitada por Denís Area Fernández, no seu interior gárdase unha peza do Santiago Apóstolo encargada por Menéndez Pidal a un escultor santiagués e policromada por Francisco Asorey en 1945.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_001 e X_006-GA36010006) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.676519, -8.725727
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa Baia de Oeste
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura relixiosa
Ermida de San Cibrán
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura relixiosa
Igrexa de San Miguel de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira