Saltar ao contido principal

Igrexa de Santa Baia de Oeste

Igrexa de Santa Baia de Oeste - Catoira - Santa Baia de Oeste
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
Século XVI
Lugar
Fabeira
Concello
Catoira

A súa construción remóntase ao século XVI, aínda que nada se conserva dese período. Templo con planta de cruz latina. Cuberta con bóveda de canón. Capela con sarcófago do século XVI. Na súa fachada, executada a finais do século XIX, destaca unha porta estilo neogótico con arco oxival igual que os das fiestras superiores e no medio un fermoso campanario octogonal de fasquía ascensional, cuberto con cupuliña. Sobre a entrada principal atópase unha orixinal fornela en forma de saeta coa imaxe da patroa e na parte superior o oco dun reloxo. Os laterais con pequenos contrafortes para poder soster a bóveda.

Ao norte e leste do templo, localízase o cemiterio parroquial, formado por enterramento en terra e nichos labrados en granito de distinto valor patrimonial.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Entre lusco e fusco

Cristina Conde Escaloni

Diario de Arousa

Descubrindo a historia de Catoira

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_15) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.677264, -8.709653

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo