Saltar ao contido principal

Capela de San Xosé Obreiro

Capela de San Xosé Obreiro - Catoira - Santa Baia de Oeste
Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez
Cronoloxía
1955-60
Lugar
A Estación
Concello
Catoira

Pequeno templo neobarroco realizado a mediados do século pasado que presenta nave única e planta rectangular. Realizado en cantaría de granito, o máis destacable deste edificio é a espadana dun único oco que coroa a fachada principal. Nos laterais do frontís sitúa dúas cruces de Santiago labradas en altorrelevo sobre xanelas, e no centro un frontón partido con imaxinería precedendo en altura a un óculo.

No adro contiguo á igrexa existe un cruceiro e unha fonte de pedra en forma de ra, acompañada de outra serie de animais, tamén de pedra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Entre lusco e fusco

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_20) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.671859, -8.725478

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo