Saltar ao contido principal

Petróglifo das Torres de Oeste

Petróglifo das Torres de Oeste - Catoira - Santa Baia de Oeste
Imaxe: Colectivo A Rula
Outras denominacións
Petróglifo das Torres
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
As Torres
Concello
Catoira

A só 50 metros ao leste da Capela de Santiago figuran dúas pequenas laxes con motivos xeométricos. A laxe principal ten unhas 30 coviñas de pequenas dimensións, a maioría agrupadas na zona central e máis prominente da rocha. Como sinalan Antonio de la Peña Santos e A. García Alén no catálogo dos “Grabados rupestres de la Provincia de Pontevedra”, editado en 1980 pola Fundación Barrie de la Maza, en Santa Baia de Oeste hai “tres grupos de petróglifos según referencia verbal de su hallador Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza”. Petróglifo incluído previamente nas adicións á “Carta Arqueológica de Pontevedra” (Filgueira Valverde & García Alén, 1956).

Os achados descubertos na contorna das Torres de Oeste testemuñan que este lugar foi un punto de paso de grande relevancia dende o Bronce Final. O petróglifo é unha mostra máis da presenza humana neste sitio desde a Prehistoria.

Malia estar catalogado e incluído na lista de BIC, non conta con ningún tipo de sinalización nin se adoptan as medidas oportunas cada vez que se procede á limpeza do seu entorno. É una mágoa que centos de visitantes e turistas que cada ano pasan por este emblemático lugar descoñezan a existencia destes gravados.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Colectivo A Rula

Megaliticia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_0011-GA36010011) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.676586, -8.724963

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo