- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- A Redondiña
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
Os gravados localízanse sobre tres rochas pertencentes a un gran afloramento granítico, moi fragmentado, situado nun pequeno rechán da ladeira.
Todos os gravados localizados son de carácter xeométrico:
- Rocha 1: unha combinación circular formada por dous círculos concéntricos, con oito cazoletas dentro do círculo interno, desde o que sae un apéndice radial, así como sete cazoletas illadas, unha das cales tamén ten un apéndice.
- Rocha 2: dúas combinacións circulares formadas por catro círculos concéntricos e apéndice radial; tres círculos simples, dous dos cales teñen cazoleta central, e cinco pequenas cazoletas illadas.
- Rocha 3: cinco pequenas cazoletas illadas.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_024-GA36010024) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.632531, -8.720434
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Camiño Real de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira
Arqueoloxía
Petróglifo do Campo dos Mouros
Catoira, San Pedro de Dimo
Arqueoloxía
Castro de Gondar
Catoira, San Pedro de Dimo