Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 2 do Outeiro da Hedra de Arriba

Petróglifo Nº 2 do Outeiro da Hedra de Arriba - Catoira - San Mamede de Abalo
Imaxe: Megaliticia
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
Outeiro da Hedra
Concello
Catoira

Nunha gran laxe plana orientada ao suroeste, localízase unha cazoleta alongada duns 15 centímetros de longo por 3 de fondura, desde os extremos da cal parten uns sucos duns 25 centímetros de longo, conformando unha figura atípica que parece lembrar a un ídolo ou ben podería ser o inicio dun muíño navicular inconcluso. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni. Toda a ladeira está repleta de laxes e batolitos graníticos con grandes pías e curiosas formas xeolóxicas onde posiblemente puideran aparecer novos gravados rupestres.

Este petróglifo emprázase a escasos metros respecto do aeroxenerador XIII-2 previsto no proxecto “parque eólico segunda ampliación Xiabre”, sen que apareza recollido no seu informe de impacto ambiental.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Cristina Conde Escaloni

Megaliticia

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.642029, -8.709957

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo