- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- A Chan de Melle
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Trátase dun túmulo megalítico de aproximadamente 15 metros de diámetro e 1 de alto. Presenta un furado de violación central duns 3 metros de diámetro e 40 centímetros de fondo. Asemade, o volume da masa tumular parece estar lixeiramente rebaixado como consecuencia da actividade forestal desenvolvida nesta zona de monte.
A zona noroeste da base do túmulo posiblemente estea destruída como consecuencia da enorme focha existente nesta zona. Localízase a uns 20 metros ao leste da pista forestal e a uns 10 metros ao norte do camiño.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_032-GA36056025) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.683459, -8.688388
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo da Finca Taleiriña
Catoira, San Miguel de Catoira
Arqueoloxía
Petróglifo da Revolta
Catoira, San Mamede de Abalo
Arqueoloxía
Petróglifo dos Campiños
Catoira, San Mamede de Abalo