- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Agro do Conde
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Xacemento situado na parroquia de Santa María de Bemil (Caldas de Reis), cuxa contorna de protección afecta ao Concello de Catoira. Trátase dun túmulo megalítico duns 20 metros de diámetro e 1,5 de altura. Presenta un furado de violación central duns 4 metros de diámetro e 1 de fondo. Sobre a superficie do túmulo aprécianse restos dunha coiraza de recubrimento formada por pedras de granito de mediano tamaño. A uns escasos 5 metros ao norte da mámoa pasa unha pista forestal.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.648925, -8.673195
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 1 de Menlle
Catoira, San Pedro de Dimo
Arqueoloxía
Castro dos Duros
Catoira, San Pedro de Dimo
Arqueoloxía
Petróglifo do Muíño dos Portugueses
Catoira, San Pedro de Dimo