- Outras denominacións
- Castro de Coaxe
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade de Ferro
- Lugar
- O Castro
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Tras os incendios de 2017 descubriuse unha vella muralla de cachotaría que parece rodear unha área duns 70 metros de diámetro. Trátase dunha muralla defensiva, de forma oval e feita de pedra miúda que pode datar do século VIII a.C (Idade de Ferro) e a súa localización nunha ladeira de 120 metros de alto, flanqueado por dúas valgadas naturais que a protexen polo NE e SW e cun amplo dominio sobre a contorna; aínda que hoxe cegada pola plantación de árbores.
É un castro pequeno nunha localización que ten a súa singularidade. Estamos ante un xacemento inédito que constitúe todo un filón de traballo arqueolóxico.
"Documentamos unha serie de estruturas que afloran sobre o terreo e confirman os indicios aos que chegamos previamente, a través da pista do topónimo e da teledetección", sinala Alberte Reboreda, o arqueólogo nos traballos vencellados coa elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
A prospección sobre o terreo confirmoulle que no Monte de Coaxe, a uns 5 quilómetros de Catoira, o lugar coñecido de sempre como O Castro non ten ese nome porque si.
"É un castro pequeno; de menos de media hectárea de superficie total no que é a zona habitable; o que correspondería coa coroa do xacemento ou lugar onde se construían as vivendas na Idade de Ferro. O segundo elemento singular sería a súa situación. Está a media ladeira dunha serra que está orientada cara ao sur, cara ao río Ulla", explica o arqueólogo.
O que queda da aldea fortificada prehistórica está tapado pola terra. Algunha árbore mesmo semella emerxer da muralla construída na Idade de Ferro.
"Esta localización permite un dominio visual moi amplo deste tramo do curso do Ulla e dos demais xacementos coetáneos; dos castros existentes dentro desta área fluvial", engade Reboreda.
O arqueólogo relata que "Os propietarios si que sabían que o lugar se denomina O Castro, pero nunca lles deu por pensar que o topónimo agochaba un xacemento arqueolóxico. Unha vez que veñen aquí e se lles explica o que hai, enténdeno e amósanse receptivos a conservalo. Pero, primeiro de todo, reaccionaron con sorpresa".
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Finca da Capela
Catoira, San Pedro de Dimo
Arqueoloxía
Petróglifo do Campo da Abroteira
Catoira, San Miguel de Catoira
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral
Catoira, San Miguel de Catoira