Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral

Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Colectivo A Rula
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Barral de Arriba
Concello
Catoira

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro no lugar de Barral. Trátase de dous afloramentos rochosos distantes uns 250 metros un do outro.

Son gravados moi sinxelos distribuídos sen orde aparente nos diferentes paneis insculturados. Só localizamos nunha das penedas un pequeno anel que semella de época histórica pola feitura do suco en V. Trátase dunha zona bastante alterada pola actividade dos canteiros e situada a pouco máis de 100 m dos restos da Torre de Barral cuxos cimentos oculta a vexetación á entrada da aldea.

Neste primeiro grupo son 5 as pedras con representación gráfica. As súas medidas oscilan entre os 3,20 x 2,50 metros para o máis grande e os 1,20 x 1 metro para a máis pequena. O motivo representado é en todas elas o das coviñas.

No ano 1990 recolléronse fragmentos de tégulas e cerámicas de cor gris medievais no camiño que leva dun grupo de petróglifos a outro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Sendón, A. Os petroglifos de Catoira

Patrimonio Galego

Megaliticia

Ilha de Orjais

Colectivo A Rula

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_003-GA36010003) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.665206, -8.717515

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo