Saltar ao contido principal

Torre de Barral

Torre de Barral - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Colectivo A Rula
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
Barral de Arriba
Concello
Catoira

Xacemento pouco alterado debido ao seu estado de ruína. Documentáronse fragmentos cerámicos de tipo gris medieval. Trátase dunha edificación con forma trapezoidal alongada e non de todo regular. As súas dimensións son de 26,5 metros para o eixo maior e unha anchura que varía dos 2 aos 7 metros.

Aprécianse 3 muros distintos:

- O que pecha toda a edificación con perpiaños ben labrados e unha altura media de 1 metro (o único visible na actualidade).

- Un muro interior (posiblemente unha división) coa mesma altura que o anterior e o dobre de anchura.

- Exterior ao edificio e aparentemente posterior duns 60 centímetros de anchura e 70 de altura.

Contan algúns historiadores que en Barral houbo o privilexio de acuñar moeda.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Entre lusco e fusco

Colectivo A Rula

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_007-GA36010007) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.665110, -8.719251

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo