Saltar ao contido principal

Petróglifo do Muíño dos Portugueses

Petróglifo do Muíño dos Portugueses - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
Portocanles
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Gravado localizado sobre unha rocha de granito de aproximadamente 1,8 metros de lonxitude no eixo NS e 1,5 de anchura no eixo EW, situada ao carón da canle do Muíño dos Portugueses.

Sobre a superficie horizontal da rocha aprécianse dous tipos de motivos:

- 13 cazoletas que oscilan entre os 4 centímetros de diámetro e 0,5 de fondo, as máis pequenas, e os 7 centímetros de diámetro e 3 de fondo, as de maior tamaño; sen posibilidade de poder adscribilas a unha época determinada.

- Un mínimo de 3 cruciformes de diferentes formas e tamaños, 10 centímetros de lonxitude para o máis pequeno e 30 para o de maior tamaño, posiblemente realizados en época moderna ou incluso contemporánea, e que moi probablemente teñan unha relación directa co uso do muíño.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_016-GA36010016) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.662809, -8.698916

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo