Saltar ao contido principal

Castro de Tarrío

Castro de Tarrío - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Ferro
Lugar
Tarrío
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

O castro sitúase nos arredores da igrexa parroquial, nun esporón do Monte Xiabre, conservándose o topónimo nas fincas dos arredores. As estruturas son irrecoñecibles aínda que no suroeste parecen conservar algún tipo de aterrazamento. En superficie atopouse cerámica indeterminada e medieval.

O castro mediría uns 300 metros totais no seu eixo maior e ocuparía uns 1.000 m2 de superficie; a croa mediría uns 75 metros no eixo máis longo, e aproximadamente 250 m2 emprazándose no lugar que hoxe ocupa a igrexa parroquial. As terrazas só son visibles no suroeste, aínda que alteradas polos cultivos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Sendón, A. Restos arqueolóxicos dende a prehistoria ata a Idade Contemporánea

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_005-GA36010005) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.667291, -8.693374

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo