Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Zona húmida da Tarroeira

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais

Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Ch…

Petróglifo da Aglobada

Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Xacemento rupestre sen catalogar, atopado por Adrián Fernández Delgado en outubro de 2022. Combinación de círculos concéntricos duns 40 centímetros de diámetro, bastante desgastados, no Monte Xiabre. Nas laxes adxacentes…

Fonte e lavadoiro de Corral

Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Corral que aínda mantén un uso regular.

Fonte da Capela de San Xosé Obreiro

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte localizada na rúa da Estación, no muro de peche da Capela de San Xosé Obreiro. Esta fonte “substituíu” á desaparecida fonte e lavadoiro da Estación,…

Fonte e lavadoiro da Estación

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreit…

Fonte da Corredoira

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos…

Fervenza de Casal

Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Salto de auga que forma o rego das Lamas, ao pé da estrada que vai de Casal a Sorribas.

Hórreo das Lombas

Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.

Fonte dos Telleiros

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.

Pombal do Pazo da Inquisición

Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Inquisición.

Fervenza de Xoane

Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Salto de auga situado a uns poucos metros antes da desembocadura do rego de Xoane no río Ulla.

Muíño do Río

Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

No treito final do rego de Xoane, antes da súa confluencia co río Ulla, atópase un rico patrimonio relacionado coa auga, composto por un total de seis muíños, coas súas presas e levadas, unha fonte e un lavadoiro.O Muíño…

Muíño Novo

Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

No treito final do rego de Xoane, antes da súa confluencia co río Ulla, atópase un rico patrimonio relacionado coa auga, composto por un total de seis muíños, coas súas presas e levadas, unha fonte e un lavadoiro.Estes…

Muíño Vello

Muíño Pequeno

Muíño de Balado

Muíño das Almas

Capela do Pazo de Tarrío

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa

Capela acaroada no lado sur, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Tarrío.

Pazo do Barco

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Pazo construído no ano 1900 no lugar do Barco que conta con hórreo, fonte, cruceiro, escudo, pozo de auga, bancos de pedra e arboredo.…

Fonte do Pazo do Barco

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Fonte de pedra con dous canos metálicos que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.

Cruceiro do Pazo do Barco

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.

Casa de Manuel Antonio de Asados

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa…

Paso de barcas de Carcacía

Padrón - San Pedro de Carcacía | Obra civil

Antes da construción da Ponte de Sinde, que uniría as parroquias de San Pedro de Carcacía (Padrón) e San Miguel de Barcala (A Estrada), o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea de Bandín até o resto da pa…