- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- Xoane
- Parroquia
- San Pedro de Carcacía
- Concello
- Padrón
No treito final do rego de Xoane, antes da súa confluencia co río Ulla, atópase un rico patrimonio relacionado coa auga, composto por un total de seis muíños, coas súas presas e levadas, unha fonte e un lavadoiro.
O Muíño do Río, funcionaba coa auga do río Ulla, xunto á Pesqueira do Carballo. Para protexerse das enchentes estacionais, contaba cun muro oblicuo en dirección á corrente, duns dous metros de ancho e que supera en altura ao propio muiño, cun burato debaixo para seguir permitindo a entrada de auga.
Estes muíños, que xa aparecían recollidos no Catastro de Ensenada (1749), son unhas das estruturas máis antigas que aproveitan a enerxía eléctrica e, até a chegada da electricidade, tiveron un papel fundamental tanto dentro da economía galega como da súa cultura e folclore. A forza da auga fai xirar o rodicio, e este á súa vez, fai xirar a moa sobre o pé ou pedra fixa, moendo o cereal entre ambas as dúas e converténdoo en fariña. Os muíños teñen dúas partes diferenciadas: o inferno, que é o espazo debaixo do piso onde se sitúa o rodicio e o resto de maquinaria en contacto coa auga, e a estancia, onde está o mecanismo onde se moe o cereal, sendo esta última parte o lugar de reunións da veciñanza.
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte do Xardín Histórico-Artístico de Padrón
Padrón, Santiago de Padrón
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Casal
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Presa de Prada
Padrón, Santa María de Cruces