Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Muíño Nº 2 do Paraño

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Xunto con outro muíño, localízase na ribeira do rego que baixa polo Monte de Beiro até confluír no río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tel…

Cruceiro da Casa do Sisto

Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.

Palco de música de Cores

Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Palco da música no lugar de Cores, de planta hexagonal e construído en granito.

Muíño Nº 3 de Imo

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño localizado na ribeira do rego de Imo. Construción de planta rectangular restaurada no 2012 polas obras do tren de alta velocidade ao seu paso por Imo.

Fonte e lavadoiro do Barral

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar do Barral, separados entres eles por uns metros de distancia, na que auga que chega ao lavadoiro por unha canle escavada no terra.

Eira de Traxeito (3 hórreos)

Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi…

Reloxo de sol do Pazo da Baiuca

Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.

Casa Sanmartín

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Edificación localizada na Ponte, á beira da estrada N-500, xunto ao Campo da Insua. Dentro da propia casa existía un mural de azulexos do Campo da Insua, realizado na Cerámica Celta…

Antiga Casa do Concello de Pontecesures

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación que acolleu a Casa do Concello de Pontecesures durante 49 anos, desde a segregación de Cesures do Concello de Valga en 1925, até a inauguración da actual casa consistorial en 1974. Na actualidade alberga a bi…

Muíño de Senín

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas.

Cruceiro de Pousada

Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo nunha encrucillada de camiños en Pousada. Sufriu as inclemencias meteorolóxicas e foi restaurado posteriormente polo Concello de Rianxo.

Casa das Cunchas Nº 1 de Pedreda

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Pedreda que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e hum…

Escola de Dimo

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo…

Porto de Bexo

Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Cabodeiras, O Bico e O Redondo forman parte do Porto de Bexo. Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras er…

Porto do Deza

Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

O Porto do Deza é un excelente punto para a observación das aves. As Brañas de Laíño albergan unha riqueza ambiental de primeira magnitude. Nela aniña unha subespecie da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus su…

A Brañiña

Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lugar onde se bañaban os mozos de Imo. Había un medo moi grande a bañarse, xa que se dicía que o pozo da Brañiña non tiña fondo ou os mozos non daban baixado ao fondo de forma natural. Tamén había un certo temor a meters…

Casa das Cunchas Nº 2 de Pedreda

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Pedreda que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e hum…

Praza de Abastos de Catoira

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Edificación hoxe desaparecida, inaugurada no ano 1952. Emprazábase onde na actualidade está o edificio da Cafetería As Torres. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar po…

Muíño Nº 2 de Sobrido

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Muíño ao carón do Porto de Sobrido, na Enseada do Pico. O rego do Pico fornece de auga a este muíño e a outro localizado a escasos metros, a través dunha levada de pedra ben conservada. …

Pía bautismal da Igrexa de Santa María de Dodro

Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Pía bautismal do século XVIII onde  foron bautizados o 20 de xullo de 1871 Ovidio e Gala (Ovidio Emmanuel e Gala Blanca Eleonora) Murguía Castro, os fillos xemelgos de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, nados nas T…

Panorámica de Sinde

Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.

Hórreo da Burata

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos

Hórreo no lugar da Burata.