Saltar ao contido principal

Porto de Bexo

Porto de Bexo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Dubardu Hughes
Tipoloxía
Espazos naturais
Lugar
Espiñeira
Concello
Dodro

Cabodeiras, O Bico e O Redondo forman parte do Porto de Bexo. Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas. O Redondo é onde o río no seu transcurso vira cara a Insua de Bexo para morrer no mar. O Bico, na braña de Bexo está na punta de terra na que remata o longo arco que describe o Ulla desde O Redondo ata onde empeza A Insua. A pesar de que a erosión das augas foi desgastando o terreo, vese aínda o bico no mapa topográfico ou na fotografía aérea. O Bicaño, na propia Insua, debe ter a mesma etimoloxía.”

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Protección

Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)

Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)

Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000

Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa

Coordenadas (WGS84)

42.698653, -8.726230

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo