Saltar ao contido principal

Pinal da Braña

Pinal da Braña - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Outras denominacións
Pinal do Marqués
Tipoloxía
Espazos naturais
Lugar
Brañas de Laíño
Concello
Dodro

Localizado no interior das Brañas de Laíño, aquí facían noite os pascueiros que levaban os cabalos á feira de Padrón. Onde antes había piñeiros mansos xigantescos, medrou despois un bosque de acacias negras.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “O Pinal da Braña está ó lado do esteiro de Tallós e refírese a el Rosalía nun verso (“véxote aló nas brañas, xa no pinar espeso”) pois non houbo outro na zona. Á beira do Pinal había pozos que se dicía que non tiñan fondo. E non o terían. Explica Méndez Ferrín que son comúns en Galicia e no norte de Portugal estes pozos ou pegos (do grego pelagos, ‘mar’), tan profundos que non se dá chegado ó fondo, mesmo se se lles fai unha sondaxe con sete sedeños e que constitúen as portas do máis alá, do outro mundo. Poderiamos imaxinar aquí, entre os doces ameneiros da braña, nos goios charquentos e nas tremas sen cabo dos esteiros, o cadro de Corot no que Orfeo regresa con Eurídice dos infernos por alagados bosques, a lira na man en alto, perseguidos polas sombras glaucas da morte.”

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Anxo Angueira

Protección

Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)

Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)

Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000

Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa

Coordenadas (WGS84)

42.710375, -8.706570

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo