Saltar ao contido principal

Cruz de Magariños

Cruz de Magariños - Valga - San Salvador de Setecoros
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
Século XVIII
Lugar
Magariños
Concello
Valga

Trátase dunha cruz alta, posto que cruz e varal forman un único bloque de pedra de cantaría. O baseamento ten planta cuadrangular e está composto por dúas gradas de bloques graníticos. O pedestal é un simple cubo de pedra coroado por molduras aboceladas de perfís decrecentes. A cruz ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo octogonal. Todo o conxunto presenta erosión, como consecuencia do vento e da chuvia.

No anverso atopamos a figura dun Cristo crucificado con tres cravos e ladeando a cabeza cara a súa dereita. Por debaixo aparece unha caveira sobre dúas tibias atravesadas, símbolo da morte. No reverso pode observarse á Virxe de pé, sobre un pedestal e en actitude orante. Baixo dela, a figura dun bispo cun báculo na man dereita e un libro na esquerda. O autor Lois Ladra apunta na súa obra “Arte relixiosa popular na terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánima” que podería tratarse de San Bieito.

O seu emprazamento actual non é o orixinal, xa que foi movida logo da súa última restauración no 2017. A cruz sufrira importantes danos a consecuencia da colisión dun camión que partira nunha quincena de fragmentos o varal e as figuras que compoñían a cruz alta.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Concello de Valga

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-304)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.674225, -8.646059

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo