- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Campo
- Parroquia
- Santa María de Xanza
- Concello
- Valga
Baseamento de planta cuadrangular desenrolada en tres chanzos. O pedestal apoiase sobre un pequeno plinto e coróase cunha moldura curva. O seu corpo principal ten os catro lados epigrafiados. O varal é de sección cuadrangular na base e oitavada no desenrolo, como consecuencia do rebaixe das arestas. Presenta dobre capitel. Un integrado no varal e o outro independente de feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina, de sección cuadrangular no arranque e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. No anverso presenta unha Crucifixión e no reverso a imaxe da Virxe co Neno sobre unha peaña decorada.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-504)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.690997, -8.649097
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de San Xurxo
Valga, San Salvador de Setecoros
Elementos relixiosos
Cruceiro de Outeiro
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Elementos relixiosos
Cruceiro da Casa do Sisto
Valga, Santa María de Xanza