Saltar ao contido principal

Cruceiro de San Xurxo

Cruceiro de San Xurxo - Valga - San Salvador de Setecoros
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
1727
Lugar
A Eirexe
Concello
Valga

Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Igrexa de San Salvador de Setecoros. Baseamento de planta cuadrangular formado por cinco chanzos. Pedestal cúbico, alternando molduras con faixas do mesmo xeito que no cruceiro de Ponte Valga. Varal de base cuadrangular e desenrolo artístico, con corpo cilíndrico e estriado. Capitel sobre colariño, decorado. Cruz latina, moi elaborada, de sección poligonal, con colariños preto dos remates dos cabos. O anverso mostra o tema da Crucifixión e reverso expón unha escena da Piedade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-315)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.671938, -8.659531

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo