Saltar ao contido principal

Cruceiro de Outeiro

Cruceiro de Outeiro - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Outeiro
Concello
Valga

Baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. Pedestal cúbico, coas arestas superiores chafranadas. Contén restos dunha inscrición. O varal é monolítico, cunha base de sección cuadrangular e corpo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O capitel é de feitío troncopiramidal invertido, comezando nun colariño circular de dobre moldura. Cruz latina, de sección octogonal e cartela floral na cabeceira. No anverso expón a escena da Crucifixión e no reverso contén unha Piedade nun bloque granítico irregular.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-208)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.694855, -8.695958

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo