Saltar ao contido principal

Cruceiro da Capela de San Paio

Cruceiro da Capela de San Paio - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
Vilar
Concello
Valga

Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Capela de San Paio, con baseamento de planta octogonal composto por catro chanzos. Pedestal de planta octogonal. O varal, monolítico, ten unha base de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. No corpo interior da cara sur hai un retablo de ánimas labrado sobre a mesma pedra, actualmente moi erosionado. Capitel sobre colariño curvo, corpo interior cilíndrico e ábaco cos lados lixeiramente curvos nun esquema xeral de planta cuadrangular. A cruz é latina, de sección circular. No anverso preséntase a escena da Crucifixión e o reverso contén a imaxe da Virxe de pé.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-224)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.696222, -8.713731

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo