Saltar ao contido principal

Cruceiro de Ponte Valga

Cruceiro de Ponte Valga - Valga - San Miguel de Valga
Imaxe: X. Gulías Lamas
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Ponte Valga
Concello
Valga

Elaborado en pedra de cantaría, está localizado ao carón da Capela da Virxe de Lourdes. Foi realizado polos alumnos da Escola de Artes e Oficios de Santiago Baseamento de planta cadrada formado por dúas gradas. Pedestal de feitío cubicoide formado a base de dúas faixas planas enmarcadas por tres molduras aboceladas. Varal de base cuadrangular e arestas rebaixadas. Presenta un corpo octogonal ornado cunha pequena peaña que soportaba un santiño que foi roubado. O capitel presenta un feitío troncopiramidal invertido clásico, con colariño na base. Nas arestas presenta unha folla de acanto e unha voluta no cumio, e nos planos centrais unha cabeza de anxo. A cruz latina é de sección cilíndrica e posúe unha cartela no seu tope frontal. No anverso preséntasenos o tema da Crucifixión. No reverso podemos contemplar a Virxe dasa Dores..

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-405)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.700611, -8.648830

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo