Saltar ao contido principal

Cruceiro do Coto

Cruceiro do Coto - Valga - Santa Cristina de Campaña
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Coto
Concello
Valga

Baseamento de planta octogonal formado por catro gradas. O pedestal é de planta octogonal con inscrición. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O desenrolo é oitavado por rebaixe das arestas laterais e remata nun colariño poligonal. O capitel é de feitío pseudocúbico, integrado no fuste da columna. A cruz ten unha base de planta cuadrangular. O corpo é de sección octogonal. No anverso móstrase a Crucifixión e no reverso a Virxe de pé.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-105)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.709080, -8.667739

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo