Saltar ao contido principal

Cruceiro de San Miguel de Valga

Cruceiro de San Miguel de Valga - Valga - San Miguel de Valga
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
San Miguel
Concello
Valga

Cruceiro do tipo de crucifixo con baseamento de planta cadrada e dous chanzos. Pedestal cúbico, cun rebaixe graduado no lado norte. Varal monolítico, aínda que partido, foi pegado novamente. Capitel que remarca o seu arranque por medio dun colariño. Presenta un corpo troncopiramidal invertido esculpido con anxos, volutas e follas. Cruz latina de sección cilíndrica. O conxunto remata coa cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI, acompañado de San Francisco, ao que lle falta a cabeza, abrazándoo. No reverso da cruz vemos a imaxe da Virxe sobre unha peaña en con forma de anxo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Patrimonio Galego

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-402)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.695906, -8.638056

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo